Formación programada para empresas


A formación programada para empresas, tamén coñecida como formación bonificada, é unha formación subvencionada que permite que as empresas proporcionen a súa plantilla de persoas traballadoras accións formativas, relacionadas coa actividade da empresa ou posto de traballo, para que actualicen ou melloren as súas competencias.

Esta formación é unha formación gratuíta para as persoas traballadoras e para as empresas o importe dese custe redúcese coa bonificación nas cuotas da Seguridade Social, dependendo do crédito dispoñíbel da empresa e do tipo de formación.

As empresas dispoñen dun crédito anual para gastar na formación da súa plantilla. Poderán aplicar unha bonificación polo importe dos cursos que realizaran de formación programada, como máximo ata dito importe.

A empresa pode asumir unha porcentaxe de cofinanciación, que vai depender da súa plantilla (0%, 5%, 10%, 20%, 40% en función do número de persoas traballadoras).

Requisitos para as empresas

  • Estar ao corrente en canto ás obrigacións ante a Axencia Tributaria e a Seguridade Social.
  • Abonar o importe das facturas da acción formativa antes de que se realice a bonificación.
  • Manter a documentación xustificativa da formación durante un mínimo de 4 anos.
  • Proporcionar a documentación e datos necesarios á entidade organizadora para que leve a cabo as xestións correspondentes ante a Fundación Estatal para a Formación no Emprego (FUNDAE).

Vantaxes

Todas aquelas empresas que decidan acollerse á formación programada para as súas persoas traballadoras conseguirán unha serie de beneficios moi importantes que repercutirán nunha optimización dos distintos procesos levados a cabo dentro da organización. Entre as principais vantaxes deste tipo de formación para empresas podemos destacar as seguintes:

  • Maior cualificación das persoas traballadoras
  • Aumento da competitividade e a produtividade das persoas empregadas e, por consecuencia, da empresa.
  • Incremento do compromiso ofrecido polas persoas traballadoras.
  • Adquisición de novos coñecementos e habilidades.
  • Aumento da motivación, a integración e a satisfacción das persoas empregadas dentro da  empresa.
  • Facilidade de adaptación aos cambios existentes no sector e as novas tecnoloxías.

Como calcular o crédito do que dispón unha empresa?

A porcentaxe aportada á Seguridade Social en concepto de formación por parte dunha persoa traballadora é do 0,20% da súa base de cotización mensual, mentres  que a empresa asume un 0,60% da mesma.

Cada empresa disporá dun crédito mínimo de 420 euros ao ano que poderá destinar á formación profesional das súas persoas empregadas.

Posteriormente, a empresa deberá bonificarse mediante os TC1 que se elaboran a final de mes para recuperar o pago do curso realizado. Será necesario presentar a factura do curso de formación e o documento entregado pola entidade organizadora.

É importante destacar que as bonificacións pódense aplicar desde o mes de finalización da formación, se ben é necesario realizar con corrección os trámites indicados anteriormente. De igual xeito, a empresa terá a posibilidade de bonificar a formación nos seguros sociais ata o 31 de xaneiro do ano seguinte á realización do curso.


Por que elixir Oscar Carballo para formar a túa empresa?

  • Somos un centro acreditado polo Servizo Público de Emprego Estatal.
  • Estamos asociados a Autoforma, Asociación profesional nacional de empresas xestoras de formación.
  • Levamos anos de experiencia xestionando e impartindo este tipo de formación.
  • Contamos con persoal docente propio e especializado en cada materia.
  • Ofrecémosche uns cursos actualizados e de calidade.
  • Asesorarémoste en todo o proceso.

Contacto

Se tés algunha pregunta ou consulta, non dudes en contactar connosco por calquera dos seguintes medios:
Teléfono: 616 123 471
Correo: oscar@oscarcarballo.gal

Responsábel dos datos: OSCAR CARBALLO DOALLO
Finalidade: Responder a solicitudes do formulario
Lexitimación: O teu consentimento expreso
Destinatario: OSCAR CARBALLO DOALLO (datos almacenados só en cliente de correo electrónico)
Dereitos: Tes dereito ao acceso, rectificación, supresión, limitación, portabilidade e olvido dos teus datos

Oscar Carballo
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posíbel. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web encontras máis interesantes e útiles.