Introdución
A presente Política de Privacidade foi desenvolvida tendo en conta o disposto pola Lei Orgánica de Protección de Datos de carácter persoal en vigor, así como polo Regulamento 2016/679 do Parlamento Europeo e do consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das personas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á circulación destes datos, en adiante o RGPD.
Esta Política de Privacidade ten por obxecto poñer en coñecemento das persoas titulares dos datos persoais, respecto das cales se está recabando información, os aspectos específicos relativos ao tratamento dos seus datos, entre outras cousas, as finalidades dos tratamentos, os datos de contacto para exercer os dereitos que lle asisten, os prazos de conservación da información e as medidas de seguridade, entre outras cousas.
Responsábel do Tratamento
En termos de protección de datos OSCAR CARBALLO DOALLO, debe ser considerado Responsábel do Tratamento, en relación aos ficheiros/tratamentos identificados na presente política, concretamente no apartado Tratamentos de datos.
A continuación indícanse os datos identificativos do titular do presente sitio web:
Responsábel do Tratamento: OSCAR CARBALLO DOALLO
NIF: 34976246P
Enderezo postal: Paseo dos Amieiros, 3, 7º B – 32890 Barbadas, Ourense
Enderezo electrónico: rgpd@oscarcarballo.gal
Tratamentos de datos
Os datos de carácter persoal que se soliciten, no seu caso, consistirán unicamente naqueles estrictamente imprescindíbeis para identificar e atender a solicitude realizada polo titular dos mesmos, en adiante a persoa interesada. Dita información será tratada de forma leal, lícita e transparente en relación coa persoa interesada. Por outra parte, os datos persoais serán recollidos para finalidades determinadas explícitas e lexítimas, non sendo tratados ulteriormente de maneira incompatíbel con ditos fins.
Os datos recollidos de cada persoa interesada serán axeitados, pertinentes e non excesivos en relación ás finalidades correspondentes para cada caso, e serán actualizados sempre que sexa necesario.
A persoa titular dos datos será informada, con carácter previo á recollida dos seus datos, dos extremos xerais regulados nesta política a fin de que poida prestar o consentimento expreso, preciso e inequívoco para o tratamento dos seus datos, conforme aos seguintes aspectos.
Finalidades do tratamento.
As finalidades explícitas para as cales se levan a cabo cada un dos tratamentos veñen recollidas nas cláusulas informativas incorporadas en cada unha das vías de toma de datos (formularios web, formularios en papel, locucións ou cartaces e notas informativas).
Non obstante, os datos de carácter persoal da persoa interesada serán tratados coa exclusiva finalidade de proporcionarlles unha resposta efectiva e atender as solicitudes practicadas pola persoa usuaria, especificadas xunto á opción, servizo, formulario ou sistema de toma de datos que a persoa titular utilice.
Lexitimación
Por regla xeral, previo ao tratamento dos datos persoais, OSCAR CARBALLO DOALLO obtén o consentimento expreso e inequívoco da persoa titular dos mesmos, mediante a incorporación de cláusulas de consentimento informado nos diferentes sistemas de recollida de información.
De todos xeitos, en caso de que non se requira o consentimento da persoa interesada, a base lexitimadora do tratamento na cal se ampara OSCAR CARBALLO DOALLO é a existencia dunha lei ou norma específica que autorice ou esixa o tratamento dos datos da persoa interesada.
Destinatarios
Por regla xeral, OSCAR CARBALLO DOALLO non procede á cesión ou comunicación dos datos a terceiras entidades, salvo as requiridas legalmente, non obstante, en caso de que fose necesario, ditas cesións ou comunicacións de datos infórmanse á persoa interesada a través das cláusulas de consentimento informado contidas nas diferentes vías de recollida de datos persoais.
Procedencia
Por regla xeral, os datos persoais recóllense sempre directamente da persoa interesada, non obstante, en determinadas excepcións, os datos poden ser recollidos a través de terceiras persoas, entidades ou servizos diferentes da persoa interesada. Neste sentido, este extremo será trasladado á persoa interesada a través das cláusulas de consentimento informado contidas nas diferentes vías de recollida de información e dentro dun prazo razoábel, unha vez obtidos os datos, e a máis tardar dentro dun mes.
Prazos de conservación
A información recabada da persoa interesada será conservada mentres sexa necesaria para cumprir coa finalidade para a cal foron recabados os datos persoais, de xeito que, unha vez cumprida a finalidade os datos serán cancelados. Dita cancelación dará lugar ao bloqueo dos datos conservándose, unicamente, a disposición das AAPP, Xuíces e Tribunais, para atender as posíbeis responsabilidades nacidas do tratamento, durante o prazo de prescrición destas, cumprido o citado prazo procederase á destrución da información.
A título informativo, a continuación recóllense os prazos legais de conservación da información en relación a diferentes materias:
| DOCUMENTO | PRAZO | REF. LEGAL |
| Documentación de carácter laboral ou relacionada coa seguridade social | 4 anos | Artigo 21 do Real Decreto Lexislativo 5/2000, de 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social |
| Documentación contábel e fiscal a efectos mercantís | 6 anos | Artigo 30 Código Comercio |
| Documentación contábel e fiscal a efectos fiscais | 4 anos | Artigos 66 a 70 Lei Xeral Tributaria |
| Control de accesos a edificios | 1 mes | Instrución 1/1996 da AEPD |
| Videovixilancia | 1 mes | Instrución 1/2006 da AEPD Lei Orgánica 4/1997 |
Datos de navegación.
En relación aos datos de navegación que se poidan tratar a través do sitio web, en caso de que se recollan datos sometidos á normativa, recoméndase consultar a Política de Cookies publicada no noso sitio web.
Dereitos das persoas interesadas.
A normativa en materia de protección de datos outorga unha serie de dereitos ás persoas interesadas ou titulares dos datos, usuarias do sitio web ou usuarias dos perfís das redes sociais de OSCAR CARBALLO DOALLO.
Estes dereitos que asisten ás persoas interesadas son os seguintes:
- Dereito de acceso: dereito a obter información sobre se os seus propios datos están sendo obxecto de tratamento, a finalidade do tratamento que se estea realizando, as categorías de datos que se traten, as persoas destinatarias ou categorías de destinatarias, o prazo de conservación e a orixe de ditos datos.
- Dereito de rectificación: dereito a obter a rectificación dos datos persoais inexactos ou incompletos.
- Dereito de supresión: dereito a obter a supresión dos datos nos seguintes supostos:
- Cando os datos xa non sexan necesarios para a finalidade para a cal foron recabados
- Cando a persoa titular dos mesmos retire o consentimento
- Cando a persoa interesada se opoña ao tratamento
- Cando deban suprimirse en cumprimento dunha obriga legal
- Cando os datos se obtiveran en virtude dun servizo de sociedade da información en base ao disposto no art. 8 apdo. 1 do Regulamento Europeo sobre Protección de datos.
- Dereito de oposición: dereito a opoñerse a un determinado tratamento basado no consentimento da persoa interesada.
- Dereito de limitación: dereito a obter a limitación do tratamento dos datos cando se dea algún dos seguintes supostos:
- Cando a persoa interesada impugne a exactitude dos datos persoais, durante un prazo que permita á empresa verificar a exactitude dos mesmos.
- Cando o tratamento sexa ilícito e a persoa interesada se opoña á supresión dos datos.
- Cando a empresa xa non necesite os datos para os fins para os que foron recabados, pero a persoa interesada os necesite para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
- Cando a persoa interesada se opuxera ao tratamento mentres se verifica se os motivos lexítimos da empresa prevalecen sobre os da persoa interesada.
- Dereito á portabilidade: dereito a obter os datos nun formato estruturado, de uso común e de lectura mecánica, e a transmitilos a outra persoa responsábel do tratamento cando:
- O tratamento estea basado no consentimento
- O tratamiento se efectúe por medios automatizados
- Dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control competente
As persoas interesadas poderán exercitar os dereitos indicados, dirixíndose a OSCAR CARBALLO DOALLO, mediante escrito, remitido ao seguinte enderezo de correo: rgpd@oscarcarballo.gal indicando na liña de Asunto o dereito que desexa exercitar.
Neste sentido OSCAR CARBALLO DOALLO atenderá a súa solicitude á maior brevidade posíbel e tendo en conta os prazos previstos na normativa en materia de protección de datos.
Seguridade
As medidas de seguridade adoptadas por OSCAR CARBALLO DOALLO son aquelas requiridas, de conformidade co establecido no artigo 32 do RGPD. Neste sentido, OSCAR CARBALLO DOALLO, tendo en conta o estado da técnica, os custes de aplicación e a naturaleza, o alcance, o contexto e os fins do tratamento, así como os riscos de probabilidade e gravidade variables para os dereitos e as liberdades das persoas físicas, ten establecidas as medidas técnicas e organizativas apropiadas para garantir o nivel de seguridade adecuado ao risco existente.
En todo caso, OSCAR CARBALLO DOALLO ten implementados os mecanismos suficientes para:
- Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento.
- Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais de forma rápida, en caso de incidente físico ou técnico.
- Verificar, avaliar e valorar, de forma regular, a eficacia das medidas técnicas e organizativas implantadas para garantir a seguridade do tratamento.
- Seudonimizar e cifrar os datos persoais, no seu caso.
